Wednesday, January 8, 2014

ODYSSEY ALOHA PC PEDALS



Sempre me gustaron os miticos PC de Odissey, e seguirei sendo fan de eles, son cousa dura... Pero nunca me gustou as suas variacions (en canto o color) Recordo cando sairon os que brillaban na oscuridade, vialles a ventaxa de que cando ias de noite pra casa non te atropelaran, pero co tempo paraban de facelo e quedabaste cun pedal dun c olor un pouco raro.

Agora Odissey dicidiu facer isto, uns pedales SUPREME ou OBEY? Non acostumo criticar pero e que non lles atopo o sentido... Bonitos? Miña avoa ten un bolso pra ir a praia parecido. E esperemos que as flores esas non medren co esterco que vades lebar nos tenis despois dunha tarde de choiva galega.

Teño entendido que son edicion limitada, non sei o prezo pero non me costa imaxinar que non seran baratos.

Deixovos unha pequena entrevista que lle fixo a xente de RIDEBMXtransworld a os creadores destes pedales.

Son feos. Pero siguen sendo duros. E duran.